Páginas

domingo, 24 de fevereiro de 2013

O meu primeiro "Tejemos Juntas"



Hoxe estou moi emocionada. Por fin decidín participar nun "Tejemos Juntas" organizado por Mi rincón de Mariposas. Son seguidora deste blog e das súas propostas de tecer e coser xuntas un mesmo patrón, pero nunca me decidira a apuntarme.

Estoy emocionada. Por fin decidí participar en un "Tejemos Juntas" organizado por Mi Rincón de Mariposas . Soy seguidora del blog y de sus propuestas de tejer y coser juntas un mismo patrón, pero nunca me decidiera a apuntarme.

A lá
La Lana
Tiña esta lá reservada para unha ocasión especial, pero non tiña claro que facer con ela. Este patrón me pareceu unha boa opción. 

Tenía esta lana reservada para una ocasión especial, pero no tenía claro qué hacer con ella. Este patrón me pareció una buena idea.


Os avances
Los avances
A partires de aquí fixen algúns cambios, sobre o patrón orixinal proposto por Dawn para este "tejemos juntas", a cantidade de lá que tiña non era suficiente para facer a parte baixa en forma de abano. Así que continuei en punto alto ate o largo necesario.

A partir de aquí tuve que hacer algunos cambios, sobre el patrón original propuesto por Dawn para este "tejemos juntas", no tenía lana suficiente para hacer la parte baja en forma de abanico. Así que, continué en punto alto todo el largo necesario.



Ampliei a parte dianteira dereita un pouco máis que a esquerda para darlle un aire "asiático" :P 
Amplié la parte delatantera derecha un poco más que la izquierda para darle un aire "asiático" :P



Un remate en branco, dun resto de lá de Alpaca que tiña doutra labor (o pucho que leva Pequerra na foto), e engadín un peto redondo lateral para facer as delicias da súa dona.....

Un remate en blanco, de un resto de lana de Alpaca que tenía de otra labor (el gorro que lleva Pequerrecha en la foto), y añadí un bolsillo redondo lateral para hacer las delicias de su dueña....

E Tachán!!!!
  


Preparada para disfrutar ao aire libre, ainda que faga moooooito frío.
Preparada para disfrutar al aire libre, aunque haga muuuuucho frío.



Preparada para o próximo "Tejemos Juntas"













Febreiro en Imaxes

Entroido ...


... e mar.



segunda-feira, 14 de janeiro de 2013

Ceos da Galiza Nai







Compostela. Xaneiro 2013


Invernos ben quentiños ❤❤❤

Pois nada, despóis de case un mes, as festas xa pasaron! Eu non son moi destas festiñas, debo confesar. Demasiados compromisos, moito movemento e sobre todo muuuuito azucre. Agora toca recuperar á normalidade alimentaria.
Namentras, as labores non estiveron paradas, e claro, con tantas datas agasallantes algún encargo chegou á miña axenda, e mans á obra:
Aquí tedes algunhas imaxes de cousiñas feitas nestes últimos días.
Eso si, perdoade as fotos, as imaxes movidas e a pouca nitidez. Están feitas con móbil en condicións non moi acertadas. Pero espero que vos fagades unha pequena idea.


Gorritos para Xulia e Marcos. O de Dinosauro marcha para los Madriles, a protexer a súa linda cabeciña dos fríos da meseta.
Ámbolos dous elaborados con La de Merino e distintas tonalidades.


Un conxuntiño de Patucos e Gorriño con orellas. Un clásico da casa!! jejejejee. Neste caso tamén queda por Compostela.
 


Unha colección de Mouchas e Coruxas para un grupo de peques xeniais! Cada unha coas súas cores favoritas.








Aquí chegan dos máis elaborados que realicei nos últimos tempos. Unha raposiña e unha leona con grandes e alborotadas melenas. Un encargo dun amigo para as súas sobriñas. Tan fermosos e divertidos sairon en avión cara Italia. Despóis de ver as caras das dúas novas propietarias, estou moi orgullosa dos resultados.
Eso si, houbo que prometerlle a Pequerrecha que ela tamén tería un de leonciña.... 
As imaxes están algo borrosas porque a modelo estaba tan emocionada que non paraba de se menear.






E por último Pequerrecha ataviada con complementos(gorro, bufanda, calentadoras e lubas) "made in avóa materna". Xa vedes que de tal palo...unha astilla en proceso de ser máis Pro ;P







segunda-feira, 24 de dezembro de 2012

Libros un gran tesoro

Estamos pasando as festas de inverno na casa da avoa e o avó, e buscando entre os xoguetes antigos atopamis un texto de animais da granxa e mira que interesante...
E a pequerrecha estreando un vestido de lá de Merino, feito con muito arte e mais amor pola avoa





segunda-feira, 26 de novembro de 2012

Unha pequena Ewok

Á pequerrecha gustanlle os gorros, pero sempre acaban polo chan. Ademais, non sempre tapan o colo, e no inverno e vivindo nunha cidade como Compostela -húmidade + choiva perenne- faise necesario un complemento que tape esa entrada ás costas. Así que pensando e buscando atopei os deseños de The Velvet Acorn, e este é o resultado. Ela os remata cunhas orelliñas laterais, pero nesta ocasión decidín prescindir delas. Pero... xa fixen outra capucha para un agasallo de 12 meses coas súas orelliñas ;)




Pequenos encargos feitos con moito amor ❤

Chegou o tempo invernal, ainda que á estación ainda lle falten uns días. O millor complemento para non perder temperatura corporal: un bo gorro, feito con amor e lá de Merino. Cálidos e quentiños.



 En Malva e con flor lila (ainda que a calidade da imaxen non o reflexe é Lilia). Para unha bebita de 4 meses.

En azuis multicolor.

Un clásico, unhas "ol estars" a ganchillo. Pensei que millor unha cinta de topos sustituindo a os típicos cordóns. Están feitos de algodón orgánico da casa Katia.


E por último..... tachán!!!
Para Antón, un gorro de Batman. Creo que vou comezar unha liña de gorros Marvel, jejejejee.....