Páginas

terça-feira, 23 de abril de 2013

Cosemos unha saia reversibel con MRDM ❤❤





Chegamos un pouco tarde a este Coseconmigo que, unha vez máis, organiza Mi rincón de Mariposas. Pero queríamos chegar. Tiñamos as teas, as ganas e as ilusións por ter unha saia tan redondiña, perfecta para xirar e xirar e xirar......


Llegamos un poco tarde a este Coseconmigo, que una vez más, organiza Mi rincón de Mariposas. PEro queríamos llegar. Teníamos las telas, las ganas y las ilusiones por tener una faldita tan redondita, perfecta para girar y girar y girar....


O bon, moi rápidiña de facer. Sorprendentemente unha mañá e unha siesta, foi o tempo precisado para dar forma a este proxecto. Jejejjejeje... estoume superando pouco a pouco.


Lo bueno, muy rapida de hacer. Sorprendentemente una mañana y una siesta, fue el tiempo necesario para darle forma a este proyecto. Jejejejejjeeje... me estoy superando poco a poco.


Entre as miñas dificultades: cortar con cutter circular-nada a min este aparello se me resiste!-. E nesta ocasión "O compás"!!!! mimadriña, facía aaaaaaaaanos que non usaba un, e case non lembraba para que servían.

Entre mis dificultades: cortar con cutter circular- nada, a mi este aparetajo se me resiste!-. Y en esta ocación "El compás"!!!! hacía tantos años que no usaba uno que no recordaba para que servían.

O primeiro paso foi elaborar o patrón. Uns papeliños, un pouco de material de oficina básico(celo, lápis, tesouras...) e a seguir pasiño a pasiño as indicacións de MRDM, coma en todas as súas propostas unhas pautas moi ben explicadas (Gracias!!!)

El primer paso fue elaborar el patrón. Unos papelitos, un poco de material de oficina básico (celo, lápiz, tijeras...) y seguir pasito a pasito las indicaciones de MRDM, como en todas sus propuestas, unas pautas muy bien explicadas (Gracias!!!!)


E mirade que patrón mais bonito quedou. Tiña os rotus de Pequerrecha a man e non puiden resistir a tentación. O gracioso é que eu son de letras, e facer estes deseños sempre me pareceron complicadísimos, pero moi estéticos. As súas liñas de cores,  puntiños.... ai que bonitas!

Y mirad que patrón más bonito quedó. Tenía los rotus de Pequerrecha a mano y no pude resistir la tentación. Lo gracioso es que yo soy de letras, y lo de hacer estos diseños siempre me pareció complicadísimo, pero tan estéticos. Sus líneas de colores, puntitos... ay que bonitas!


Despois de cortar, construir a saia, poñer a cinturiña e demais, tocaba coser o baixo. Coma ainda estou novateando nestas artes costuriles, preferín marcar con alfinetes o borde que iba remetendo das dúas teas. E así garantir que non saían cousas raras.

Después de cortar, construir la falda, poner la cintura y demás, tocaba coser el bajo. Como aún soy bastante novatona en estas artes costuriles, preferí marcar con alfileres el borde que iba remetiendo de las dos telas. Así garantizar que no salían cosas raras.



O resultado coa probadora oficial. Nada mais ver a saia a puxo por riba da roupa que levaba e xa non a quitou en todo o día. Unha que ten estilo e glamour!

El resultado con la probadora oficial. Nada más ver la falda la puso por encima de la ropa que llevaba y ya no la quitó en todo el día. Una que tiene estilo y glamour!!

...e poidemos comprobar que está a proba de bambán

...y pudimos comprobar que está a prueba de columpio.




quinta-feira, 4 de abril de 2013

Dous aniños de vida, parabéns para Celtia ❤❤

Vou un pouco retrasada na publicación de este post. Estou preparando a Feira da Primaveira do Barrio, e claro, tanto ganchillar, tanto coser, tanto rematar, pensar en que facer, cores, etc., deixanme pouco tempo libre. Mais conseguimos unha celebración colorida para a Pequerrecha.

O pasado 14 de Marzo, Pequerrecha cumpliu 2 anos!!!! aisssss, parece que foi onte cando descolguei o teléfono para comunicarlle a amigas e familia que estaba embarazada. 

Celtia naceu as 8.30 da mañá do luns 14 de Marzo de 2011 en Madrid. Con 36 semanas e media de xestación, facendo unha mudanza de Valencia a Compostela, despóis de 7 días ingresada coa bolsa rota (pero rota, rota, non unha fisurita) e reposo total no centro hospitalario que nos acolleu (eramos desplazadas en Madrid e non vos quero contar a odisea que foi ser atendida nun centro público).

A pesar de todo, naceu estupenda, respirando por si mesma, con bo peso e grandota e con moita fame. Agarrou a tetola da súa nai (eu claro!) en nadiña, sen moita complicación.... si e que son moi sabias estas criaturas. 

E 2 anos despóis.... aquí estamos. Encantadas de termos coñecido. Compartindo a vida, a sabiduria, aprendendo unha da outra, disfrutando, rindo, xogando, creando.... 

Este ano decidimos facerlle unha minifesta casera. A miña familia vive en Baiona, así que ve pouco a avóa e ao avó maternas. E coma miña nai é moi creativa, e gosta moito de facer decoracións, preparar tortas, etc., nos puxemos mans a labor.

Mais ela, nesta ocasión puxo pouco da súa parte, unha operación nunha man a ten un pouco inoperativa. Pero o entusiasmo é o mesmo, e ainda que a torta non é caseira, decoramos a sala para a ocasión.

En toda festa que se precie, non poden faltar os globos e as guirnaldas nas cores favoritas da agasallada. O lila, o verde e o amarelo... ainda que tamén hai algún rosa e vermello. Multicolor máis bonito!!




O nome da pequerrecha presidindo á sala, nunha guirnalda madeinmama :) Sinxela pero efectiva, e sobre todo colorida.



A tarta.... ummmm, a tarta. Coma están de moda as elaboracións con foundant de cores, personalizadas e preciosas ademas de riquísimas!, coma a avóa non podía cociñar, decidiu agasallarnos cunha torta especial.


A torta é de La Casita del Árbol. Unha empresa pequena adicada a preparar celebracións. Ademáis é unha empresa de mulleres emprendedoras e de meu pobo.



O millor da festa, ver o ben que o pasou Pequerrecha.
Seu momentazo total: Cantar o Parabéns!!!