Páginas

quinta-feira, 4 de abril de 2013

Dous aniños de vida, parabéns para Celtia ❤❤

Vou un pouco retrasada na publicación de este post. Estou preparando a Feira da Primaveira do Barrio, e claro, tanto ganchillar, tanto coser, tanto rematar, pensar en que facer, cores, etc., deixanme pouco tempo libre. Mais conseguimos unha celebración colorida para a Pequerrecha.

O pasado 14 de Marzo, Pequerrecha cumpliu 2 anos!!!! aisssss, parece que foi onte cando descolguei o teléfono para comunicarlle a amigas e familia que estaba embarazada. 

Celtia naceu as 8.30 da mañá do luns 14 de Marzo de 2011 en Madrid. Con 36 semanas e media de xestación, facendo unha mudanza de Valencia a Compostela, despóis de 7 días ingresada coa bolsa rota (pero rota, rota, non unha fisurita) e reposo total no centro hospitalario que nos acolleu (eramos desplazadas en Madrid e non vos quero contar a odisea que foi ser atendida nun centro público).

A pesar de todo, naceu estupenda, respirando por si mesma, con bo peso e grandota e con moita fame. Agarrou a tetola da súa nai (eu claro!) en nadiña, sen moita complicación.... si e que son moi sabias estas criaturas. 

E 2 anos despóis.... aquí estamos. Encantadas de termos coñecido. Compartindo a vida, a sabiduria, aprendendo unha da outra, disfrutando, rindo, xogando, creando.... 

Este ano decidimos facerlle unha minifesta casera. A miña familia vive en Baiona, así que ve pouco a avóa e ao avó maternas. E coma miña nai é moi creativa, e gosta moito de facer decoracións, preparar tortas, etc., nos puxemos mans a labor.

Mais ela, nesta ocasión puxo pouco da súa parte, unha operación nunha man a ten un pouco inoperativa. Pero o entusiasmo é o mesmo, e ainda que a torta non é caseira, decoramos a sala para a ocasión.

En toda festa que se precie, non poden faltar os globos e as guirnaldas nas cores favoritas da agasallada. O lila, o verde e o amarelo... ainda que tamén hai algún rosa e vermello. Multicolor máis bonito!!




O nome da pequerrecha presidindo á sala, nunha guirnalda madeinmama :) Sinxela pero efectiva, e sobre todo colorida.



A tarta.... ummmm, a tarta. Coma están de moda as elaboracións con foundant de cores, personalizadas e preciosas ademas de riquísimas!, coma a avóa non podía cociñar, decidiu agasallarnos cunha torta especial.


A torta é de La Casita del Árbol. Unha empresa pequena adicada a preparar celebracións. Ademáis é unha empresa de mulleres emprendedoras e de meu pobo.



O millor da festa, ver o ben que o pasou Pequerrecha.
Seu momentazo total: Cantar o Parabéns!!!


Um comentário:

  1. UFFFF! Com mais dum mes de atrasso, pero ainda assim.... PARABENS, CELTINHA!!!!!!
    E, desde logo, parabens, mami, por ter parido e criado essa preciossidade de prematura!
    MUA!!!

    ResponderExcluir

Anímate a Comentar