Páginas

quarta-feira, 28 de agosto de 2013

Trapilleando

Rematando Agosto cunha alfombra de trapillo para un novo proxecto. As cores non se aprecian ben, a luz da miña sala é amarela, pero en canto a remate prometo foto e patrón por se vos animades ;)

De momento teño pendentes fotos dos últimos proxectos costuriles. A ver se saco tempo estes días.


segunda-feira, 12 de agosto de 2013

Chaqueta circular en ganchillo

Fai tempo que tiña estas imaxes no escritorio do ordenador, pero entre unhas cousas e outras quedouse ahí, paradas....

Hace tiempo que tenía estas imágenes en el escritorio del ordenador, pero entre unas cosas y otras se habían quedado ahí, paradas...

A miña amiga Leo, de Como pez en el agua, é unha bailarina de claqué estupenda. Sempre me falaba de que gostaba ter unha chaquetiña para por nos ensaios e non coller frío.

Mi amiga Leo, de Como pez en el agua, es una bailarina de claqué estupenda. Siempre me habla de que le gustaría tener una chaquetita para poner en los ensayos y no cojer frío.

O seu aniversario foi en Marzo (dende entón teño as imaxes :P) pensei que podería se un agasallo práctico para ela.

Su cumpleaños fue en Marzo (desde entonces tengo las imágenes :P) pensé que podría ser un regalo muy práctico para ella.

O patrón é moi básico, traballar en circular e posteriormente incorporar as mangas. 
El patrón es muy básico, se trabaja en círculo y posteriormente se incorporan las mangas.


Está feito en lá de merino verde, traballado cunha agulla do número 6.
Está hecho en lana de merino verde, trabajado con una aguja del número 6.

Aquí están as fotos, feitas na súa tenda-obradoiro.
Aquí están las fotos, hechas en su tienda-taller.








domingo, 11 de agosto de 2013

sexta-feira, 2 de agosto de 2013

Día Kawaii ❤❤. Cando o sonido do timbre nos trae cousas lindas.

Dúas veces soou o timbre esta mañá.....


cousas lindas para alegrar o día

Un libro xaponés de carvado de selos e o meu primeiro pedido de snaps a SnapClic. Snaps en forma de estrela e corazóns, e uns pouquiños en cores moi alegres.

Foi o meu primeiro pedido na súa web e estou encantada. Caracterízase pola amabilidade, o trato persoal e sobre todo a celeridade na recepción.


E aquí o meu útlimo tecido a dúas agullas. Adiantándonos á entrada do inverno. Unhas calentadoras para as pernas de pequerrecha. Un restiño de las azuis un par de tardes e unha noitiña para rematar, e feitas.  Xa temos para combinar co gorro e a bufanda que avóa nos fixo o inverno pasado.

Están tecidas en punto elástico (dous dereito/dous revés) e punto liso (todo do dereito). Sinxelas e rápidas.

Pequerrecha xa está facendo proba delas.


pernas quentiñas no inverno


quinta-feira, 1 de agosto de 2013

Retais

Esta semana, Dawn de MRM, propuxo ver que poderiamos facer coas montañas de retais e anaquiños que vamos gardando por casa.

Eu a verdade é que montañas, o que se di montañas, non teño. Xa sabedes, eu son mais de agulla gorda ;P. Mais tiña ganas de participar nesta proposta.



Fai tempo descubrín uns aparatiños para facer botóns, e tachán... este é o resultado.



Coma di o dito "Para mostra, un botón"


 Agora, xa fago os meus propios botóns. Adecuados para cada proxecto sexa lanero ou de tea.