Páginas

quinta-feira, 30 de agosto de 2012

Volta ao cole ❤

Estamos de retorno. Rematouse o periplo peninsular, vaia que si, Valencia está mais lonxe do que parece. E iso que no mapa a distancia éche ben curtiña.




Pero valeu a pena o tempo nas autoestradas. Poder dar apertas a todas as persoas bonitas nesa parte do meu mundo compensa o cansanzo. Grazas polo cariño, acollemento, comidiñas, apertas, achuchóns, besiños, amor...... Grazas Carmen, Macu, Elisa, Nelo, Mon, Julio, Sofi, Rafa, Santi, Tonet, Nadia, Cris,  Adel, Moni, Maite, Leo, e a todas aquelas que por mor dos tempos non puiden ver.... Grazas, Grazas, Grazas!!!

Agora a ordenar nobelos, organizar agullas - sobre todo as novas adquisicións-  preparar patróns... en definitiva, por mans ás labores.






Pic: Esta imaxe pasouma alguén nun correo electrónico, a autoría éme descoñecida :(

sexta-feira, 17 de agosto de 2012

Cuasi Vacacións 💜

Estou desfrutando duns días polo Levante. Son "cuasi" vacacións porque o motivo de estar aquí ten relación con traballo, pero iso non impide desconectar un pouquiño 😁
Pic: ByMe

terça-feira, 7 de agosto de 2012

En proceso

O que mais me gusta do ganchillo é a facilidade de transportar a labor. Unha soa agulla, cun tamaño bolso, un nobelo e xa podes crear en calquer lugar.

Fío de algodón orgánico azul para uns zapatiños moi especiais.....


Pic: ByMe

Recen Chegadas

Recén chegadas dende Alemania ❤
Preparadas para comezar a crear beleza e diversión. Entre tanta cor elexir unha favorita é moi complicado.
Haberá que darlles ritmo



No meu cerebro gatuno as ideas bulen.....

Inspiracións de cores ❤


Ola,
parece que isto ponse en marcha. Teño dúbidas de cando nace este proxecto personal. Tal vez hai xa uns anos, a primeira vez que confirmei que todo o feito por min é unha proxección da miña creatividade.

Ups, esquezo algo fundamental!

Son GataTola, ainda que por ahí coñeceredes a miña alter-ego Mon. Ela é unha muller duns taitantos aniños, autodidacta por vocación, encantada de aprender cada día un pouquiño máis, unha atleta de fondo na especialidade de compartir coñecementos e amante das boas compañías.

Hoxe, agora, aquí, comezamos......