Páginas

quinta-feira, 30 de agosto de 2012

Volta ao cole ❤

Estamos de retorno. Rematouse o periplo peninsular, vaia que si, Valencia está mais lonxe do que parece. E iso que no mapa a distancia éche ben curtiña.




Pero valeu a pena o tempo nas autoestradas. Poder dar apertas a todas as persoas bonitas nesa parte do meu mundo compensa o cansanzo. Grazas polo cariño, acollemento, comidiñas, apertas, achuchóns, besiños, amor...... Grazas Carmen, Macu, Elisa, Nelo, Mon, Julio, Sofi, Rafa, Santi, Tonet, Nadia, Cris,  Adel, Moni, Maite, Leo, e a todas aquelas que por mor dos tempos non puiden ver.... Grazas, Grazas, Grazas!!!

Agora a ordenar nobelos, organizar agullas - sobre todo as novas adquisicións-  preparar patróns... en definitiva, por mans ás labores.






Pic: Esta imaxe pasouma alguén nun correo electrónico, a autoría éme descoñecida :(

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Anímate a Comentar