Páginas

Sobre min

Son Mon (de Montserrat así con todas as súas erres e as súas tés, ainda que so meu pai o pronuncia completamente) e fai uns poucos anos que entrei na década dos taitantos.

As miñas orixes únenme ao océano Atlántico, nacín nun pequeno pobo da costa galega- Baiona- pero dende os 18 anos mudeime a vivir á capital de Galicia para comezar os meus estudios universitarios.

Agora despóis dun periplo de case dez anos polo Levante para rematar os meus estudios de doutorado, regresei a Compostela para vivir e criar a miña pequerrecha Celtia nun entorno máis amigable.

A min me gusta: cantar e bailar, a cor violeta (morada, lila, malva.....), enREDarme na interné, conversar coas miñas grandes amigas, ler tumbada baixo un carballo, os bambáns na tardiña, o Chocolate sobre todos os doces do mundo mundial, a miña nena Celtia(19 meses), ganchillar, coser, bordar e facer pasteis e biscoitos nos días de choiva e frío invernal.... e muitas outras máis.

E non me gusta: As persoas que gritan, as desigualdades sociais, as coles de Bruselas, ter que facer probas médicas(aissss, isto non me gusta nada de nada!)


Así nace Gatatola, un blog para compartir os meus proxectos máis personais e as vivencias diarias coa miña pequena gatiña.





2 comentários:

  1. Ola!
    Acabo de descubrirte e seguireite a partir de agora, seguro será un pracer.
    Unha aperta dende moi cerca!

    ResponderExcluir
    Respostas
    1. Ola Belén!!!
      Encantada de coñecerte! vou ver o teu espacio agora mesmiño.
      Cerquiña??? jejejejee, a ver si coincidimos entón :)
      Unha aperta


      Mon

      Excluir

Anímate a Comentar