Páginas

segunda-feira, 3 de fevereiro de 2014

Recuperando....

Buufff... xa choveu moito dende o meu último post. Pero a vida deu uns cantos xiros esperados e provocados, así que aquí me atopo de novo.

Despóis de moito pensar e facer números decidinme a montar unha pequena tenda de crianza en Santiago de Compostela




Un pequeno espazo amoroso con atención personalizada e tentando especializarse en crianza con amor.

Así que aquí estou, entre panos, fulares, mochilas, cueiros de tea, roupiña feita por artesanas locais, os meus deseños, xoguetes e moito mais.

De momento non saco moito tempo para coser e ganchi-calcetar para min e para Pequerrecha, pero agora que xa levamos case catro mesiños nesta travesía emprendedora, espero voltar a ter tempo para nós.

O primeiro apuntarme a un CC de Pandielleando  que si, que si, que sempre fan falla mochilas, bolsas.... e como resistirme a un proxecto (mais ou menos) sinxelo.


Aquí vos deixo algunhas das labores que conseguín sacar adiante nestes meses.


Manta en ganchillo 100% Merino. Quentiña, quentiña, e amorosa como pouco. Estou namorada desta lá.
Trátase dun Granny xigante en diagonal.
Encántame o multiefecto.
Foi o agasallo de Nadal para o meu irmán e a sua nova casiña.








Un encargo para unha crianza requetelinda. A miña amiga Marta, sempre me encarga cousas para deixar correr a imaxinación.
Un casaco tipo Kimono con Manga longa e Capucha.
O tecido e unha mixtura de lá e Alpaca.... unha gozada!









Por último (prometo una foto millor), un chal para min. Dándolle caña á calceta que hai que probar de todo. Coma diría unha boa amiga ganchilladora "vaste pasar ao lado escuro", jejejejee... non sei si será para tanto, pero teño un desexo incansable de probar diferentes técnicas, así que sí, creo que vivo no lado escuro.





Nenhum comentário:

Postar um comentário

Anímate a Comentar