Páginas

sábado, 18 de maio de 2013

Obradoiros de ganchillo Fácil e Sinxelo

A miña querida Nana, volveume ceder o seu espacio-obradoiro "O mundo de Nana" para realizar uns obradoiros de ganchillo este mes de Maio e Xuño.

Plantexados para persoas con nivel baixo, ou cero patatero. Unha forma amena de comezar a darlle á agulla e deixar correr a creatividade.





Cocinillas

Hoxe posteo rápido.
Esta semá, parece que retornamos ao inverno máis profundo, así que, tocaron actividades de interior. Dúas mostras da nosa producción.
Biscoito de iogurte e bolechas de manteiga.

Os cortes de bolachas elexidos por Pequerrecha.
A nosa cociña arrecendía a azucre.




quarta-feira, 8 de maio de 2013

Feira da Primaveira 2013

Aquí están as fotos do posto tan rechulo que montamos O Sol de Inverno e Gatatola, un ano máis, na Feira da Primaveira do Barrio de San Pedro (Santiago de Compostela).




Estou namorada do logo da miña querida compi de O Sol de Inverno.... a que é super amorosa??, claro, como cada unha das pezas que elabora artesanalmente.


Este ano, a Feira puido acoller a un maior número de artesanas e visitantxs. A ampliación do espazo da Feira a toda a Rúa dos Concheiros foi un acerto, e esperamos que se poida repetir, xa que sería unha pena que o concello non concedera os permisos para as próximas feiras do Barrio, ejem... 

A seguinte convocatoria, para o mes de Xuño, durante as FESTAS!!!! si estades interesadxs, non esquezades visitar a páxina da Comisión de Festas para irvos enteirando dos prazos, que logo sempre hai rezagadxs ;P 


Segundo o noso punto de vista a Feira foi unha marabilla, un mar de xente paseando e disfrutando dos postos, da artesanía, do bo roio e felicitándonos polas nosas pezas feitas con amor. Das millores cousas acontecidas, a visita de Vero de Feito de Lúa. Non hai proba gráfica porque a emoción do momento e a cantidade de xente na feira, conseguiron que esquecéramos facernos unha foto as tres xuntas, unha lástima!, pero outra vez será. Ademáis vivimos moi pertiño.


Os meus Minimais e os gorriños 100% algodón, perfeitos para a calurosa xornada do Sábado, foron o producto estrela. En cores alégres e decorados con pequenos animaliños e formas. Ideais para que as crianzas disfruten ao aire libre.


Suaviños, amorosos, brandiños, ... feitos con todo o amor posible ❤


E como sabemos a climatoloxía deste noso país, algúns colos quentiños para non arrefriar a gorxa. Feitos en la de merino, por unha cara, e en polar divertido pola outra(dinosauros, foguetes, coches, cervos, baleas....)






Patucos, guirnaldas, Minimais, colos, gorros, bolsiñas para a froita.... 





Dende o outro lado todo se ve moi, pero que moi ben!



Gracias á Comisión de Festas do Barrio de San Pedro e a Asociación de Veciñas e Veciños "A Xuntanza", porque cada ano, cada feira, cada festa superan as nosas expectativas. Un pracer ser parte de este Barrio.




Unha pequena mostra en imaxes en movemento:



terça-feira, 23 de abril de 2013

Cosemos unha saia reversibel con MRDM ❤❤





Chegamos un pouco tarde a este Coseconmigo que, unha vez máis, organiza Mi rincón de Mariposas. Pero queríamos chegar. Tiñamos as teas, as ganas e as ilusións por ter unha saia tan redondiña, perfecta para xirar e xirar e xirar......


Llegamos un poco tarde a este Coseconmigo, que una vez más, organiza Mi rincón de Mariposas. PEro queríamos llegar. Teníamos las telas, las ganas y las ilusiones por tener una faldita tan redondita, perfecta para girar y girar y girar....


O bon, moi rápidiña de facer. Sorprendentemente unha mañá e unha siesta, foi o tempo precisado para dar forma a este proxecto. Jejejjejeje... estoume superando pouco a pouco.


Lo bueno, muy rapida de hacer. Sorprendentemente una mañana y una siesta, fue el tiempo necesario para darle forma a este proyecto. Jejejejejjeeje... me estoy superando poco a poco.


Entre as miñas dificultades: cortar con cutter circular-nada a min este aparello se me resiste!-. E nesta ocasión "O compás"!!!! mimadriña, facía aaaaaaaaanos que non usaba un, e case non lembraba para que servían.

Entre mis dificultades: cortar con cutter circular- nada, a mi este aparetajo se me resiste!-. Y en esta ocación "El compás"!!!! hacía tantos años que no usaba uno que no recordaba para que servían.

O primeiro paso foi elaborar o patrón. Uns papeliños, un pouco de material de oficina básico(celo, lápis, tesouras...) e a seguir pasiño a pasiño as indicacións de MRDM, coma en todas as súas propostas unhas pautas moi ben explicadas (Gracias!!!)

El primer paso fue elaborar el patrón. Unos papelitos, un poco de material de oficina básico (celo, lápiz, tijeras...) y seguir pasito a pasito las indicaciones de MRDM, como en todas sus propuestas, unas pautas muy bien explicadas (Gracias!!!!)


E mirade que patrón mais bonito quedou. Tiña os rotus de Pequerrecha a man e non puiden resistir a tentación. O gracioso é que eu son de letras, e facer estes deseños sempre me pareceron complicadísimos, pero moi estéticos. As súas liñas de cores,  puntiños.... ai que bonitas!

Y mirad que patrón más bonito quedó. Tenía los rotus de Pequerrecha a mano y no pude resistir la tentación. Lo gracioso es que yo soy de letras, y lo de hacer estos diseños siempre me pareció complicadísimo, pero tan estéticos. Sus líneas de colores, puntitos... ay que bonitas!


Despois de cortar, construir a saia, poñer a cinturiña e demais, tocaba coser o baixo. Coma ainda estou novateando nestas artes costuriles, preferín marcar con alfinetes o borde que iba remetendo das dúas teas. E así garantir que non saían cousas raras.

Después de cortar, construir la falda, poner la cintura y demás, tocaba coser el bajo. Como aún soy bastante novatona en estas artes costuriles, preferí marcar con alfileres el borde que iba remetiendo de las dos telas. Así garantizar que no salían cosas raras.



O resultado coa probadora oficial. Nada mais ver a saia a puxo por riba da roupa que levaba e xa non a quitou en todo o día. Unha que ten estilo e glamour!

El resultado con la probadora oficial. Nada más ver la falda la puso por encima de la ropa que llevaba y ya no la quitó en todo el día. Una que tiene estilo y glamour!!

...e poidemos comprobar que está a proba de bambán

...y pudimos comprobar que está a prueba de columpio.




quinta-feira, 4 de abril de 2013

Dous aniños de vida, parabéns para Celtia ❤❤

Vou un pouco retrasada na publicación de este post. Estou preparando a Feira da Primaveira do Barrio, e claro, tanto ganchillar, tanto coser, tanto rematar, pensar en que facer, cores, etc., deixanme pouco tempo libre. Mais conseguimos unha celebración colorida para a Pequerrecha.

O pasado 14 de Marzo, Pequerrecha cumpliu 2 anos!!!! aisssss, parece que foi onte cando descolguei o teléfono para comunicarlle a amigas e familia que estaba embarazada. 

Celtia naceu as 8.30 da mañá do luns 14 de Marzo de 2011 en Madrid. Con 36 semanas e media de xestación, facendo unha mudanza de Valencia a Compostela, despóis de 7 días ingresada coa bolsa rota (pero rota, rota, non unha fisurita) e reposo total no centro hospitalario que nos acolleu (eramos desplazadas en Madrid e non vos quero contar a odisea que foi ser atendida nun centro público).

A pesar de todo, naceu estupenda, respirando por si mesma, con bo peso e grandota e con moita fame. Agarrou a tetola da súa nai (eu claro!) en nadiña, sen moita complicación.... si e que son moi sabias estas criaturas. 

E 2 anos despóis.... aquí estamos. Encantadas de termos coñecido. Compartindo a vida, a sabiduria, aprendendo unha da outra, disfrutando, rindo, xogando, creando.... 

Este ano decidimos facerlle unha minifesta casera. A miña familia vive en Baiona, así que ve pouco a avóa e ao avó maternas. E coma miña nai é moi creativa, e gosta moito de facer decoracións, preparar tortas, etc., nos puxemos mans a labor.

Mais ela, nesta ocasión puxo pouco da súa parte, unha operación nunha man a ten un pouco inoperativa. Pero o entusiasmo é o mesmo, e ainda que a torta non é caseira, decoramos a sala para a ocasión.

En toda festa que se precie, non poden faltar os globos e as guirnaldas nas cores favoritas da agasallada. O lila, o verde e o amarelo... ainda que tamén hai algún rosa e vermello. Multicolor máis bonito!!




O nome da pequerrecha presidindo á sala, nunha guirnalda madeinmama :) Sinxela pero efectiva, e sobre todo colorida.



A tarta.... ummmm, a tarta. Coma están de moda as elaboracións con foundant de cores, personalizadas e preciosas ademas de riquísimas!, coma a avóa non podía cociñar, decidiu agasallarnos cunha torta especial.


A torta é de La Casita del Árbol. Unha empresa pequena adicada a preparar celebracións. Ademáis é unha empresa de mulleres emprendedoras e de meu pobo.



O millor da festa, ver o ben que o pasou Pequerrecha.
Seu momentazo total: Cantar o Parabéns!!!


quinta-feira, 21 de março de 2013

Preparando a feira da primaveira ❤

Xa chegou a primaveira, e dentro de pouco a Feira da Primaveira do Barrio de San Pedro (o millor barrio do mundo mundial), o noso barrio!!!

Como en edicións anteriores O sol de inverno e Gatatola montan un pequeno postiño coas súas creacións.

De momento estou ganchillando unha colección de "Minimais" pequenos amiguiños do mundo animal para facerlle compañía ás nosas crianzas.


Un minisaurio moi amoroso


Unha escolma de amistades animais e non tan animais

As rás máis molonas da charca

De cores, coelliñas moi bolechiñas

Xica a coelliña de grandes orellas



CoseConMigo un Sarouel ❤❤

As intimidades desta labor.

A tea e as medicións:
Dawn recomendaba, na súa proposta, unha tea elástica. Eu tiña ese retal tan estupendo na casa e quería darlle uso. Unha tea finiña pero con consistencia, tendo en conta o inverno galego resultaba unha boa elección. Así podo usalo dende xa. Pouco vrao temos nestas terras norteñas.

A tea e as medicións:
Dawn recomendaba, en su propuesta, una tela elástica. Tenía ese retal tan estupendo en casa y quería usarlo en algún proyecto. Una tela finita pero con consistencia, teniendo en cuenta el invierno gallego, resultaba una buena elección. Puedo usarlo desde ya. Poco verano tenemos por estas tierras del Norte

Pero non é elástica, así que, tiven que ampliar un pouco o patrón no contorno de perna. Medir, medir, meeeeedir... ejem, ao non ser elástica non tiven en conta que á medida tiña que aumentarlle uns centimetros de mais para que non quedara tan axustada. Tocoume descoser e recoser (menos mal que deixara un amplo marxe de costura).

Pero no es elástica, así que, tuve que ampliar un poco el patrón en el contorno de pierna. Medir, medir, meeeeedir...ejem, al no ser elástica no tuve en cuenta que a la medida tenía que aumentarle unos centimetros más para que no quedara tan ajustada. Al final me tocó descoser y recoser (menos mal que dejara un amplio margen de costura)

O resultado: unhas costuras con algunhas curvas ao límite. Non sei canto me van durar os pantalón, pero benvidos son!!!

El resultado: unas costuras con algunas curvas al límite. No se cuanto me van a durar los pantalones, pero bienvenidos son!!!



Puños e cintura:
Orgullosísima deles porque a cintura quedou sen grandes frunces nin bolsas. Algo que, a priori, parecíame un reto inalcanzabel. Seguindo paso a paso este tutorial de Mi rincón de mariposas, e facendo varios intentos con alfinetes, á terceira quedou, creo, bastante pasable.

Puños y cintura:
Orgulosísima, de ellos porque la cintura quedó sin grandes fruncidos ni bolsas. Algo que, a priori, me parecía un reto inalcanzable. Siguiendo paso a paso este tutorial de Mi rincón de mariposas, y haciendo varios intentos con alfileres, a la tercera quedó, creo, bastante pasable.





A técnica para os puños das pernas é o mesmiño, polo que non houbo demasiado problema. Agora toca comprobar se podo repetilos :P

La técnica para los puños de las piernas es el mismito, por lo que no hubo demasiado problema. Ahora toca comprobar si puedo repetirlos :P




 O motivo de poñelos foi que entre as miñas marabillosas habilidades, non se atopa a de tomar ben as medidas, jejejeje, así que na primeira proba decateime que quedaran algo curtos. Sumado a que a tea non é nada elástica, axustábase tanto que non baixaban. Así que como solución: Puños

El motivo de ponerlos, fue que entre mis maravillosas habilidades, no se encuentra la de tomar bien las medidas, jejejejje, así que en la primera prueba me di cuenta que eran algo cortos. Sumado a que la tela no es nada elástica, se ajustaban tanto que no bajaban. La soución: Puños


Costuras interiores:
A ver, bonitas, bonitas, non son. ¡Quero unha overlok!!!! (a ver si alguén se da por aludid@ e cae unha neste próximo aniversario) Seguro que así quedan preciosas. Xa non vou decir perfectas, que todo é unha arte. 

Costuras interiores:
A ver, bonitas, bonitas, no son.¡Quiero una overlok!!!! (a ver si alguien se da por aludid@ y cae una este próximo cumpleaños) Seguro que así quedan preciosas. No voy a decir perfectas, porque todo tiene su arte.


Despóis de meditar, pensei... igual teño que cortar un pouco a tea sobrante non si?, e decidinme por facelo coas miñas tesouras de bies, pero non daba un bo resultado. Desfiaba moito a tea. Acabei facendoo con as tesouras tradicionais.

Despues de meditar, pensé... igual tengo que cortar un poco la tela sobrante no?, y me decidí a hacerlo con mis tijeras de bies, pero no daba un resultado bueno. Deshilachaba mucho la tela. Acabé haciéndolo con las tijeras tradicionales.




Outras curiosidades.

Cortar con cutter circular:
Onde se pode facer un master? Non teño naaaaada dominada a técnica. En ocasións non sei se vou cortar un dedo, a man enteira, ou a tea. E bon, rectos o que se din rectos, os cortes, non me saen. As veces ramato cona tesoura para perfilar.

Cortar con cutter circular:
Dónde se puede hacer un master? No tengo naaaaada dominada la técnica. En ocasiones no se si voy a cortarme un dedo, la mano entera o la tela. Y bueno, rectos, rectos, lo que que dicen rectos, los cortes no me salen. A veces acabo con las tijeras para perfilar.



Costura en Zig-Zag:
Unha gozada, ben, coser con ela, ben. Dominado. Pero, a miña pregunta foi: para esta tea sería millor unha costura en liña? É normal que se vexa tanto a costura por fóra?

Costura en Zig-Zag:
Una gozada, bien, coser con ella bien. Dominado. Pero, mi pregunta fue: para esta tela sería mejor una costura en línea? Es normal que se vea tanto la costura por fuera?



Algo moi bo, cando somos tan novatonas é facer unhas probas previas. Seguín o consello de Naii para comprobar se a tea admite correctamente o fío, a tensión, a puntada.... Así xa tes un traballo previo feito, e evitas atoparte con moitas cousas raras durante a costura.

Algo muy bueno, cuando somos tan novatonas, es hacer unas pruebas previas. Seguí el consejo de Naii para comprobar si la tela admite correctamente el hilo, la tensión, la puntada.... Así tienes un trabajo previo hecho y evitas encontrarte con muchas cosas raras durante la costura.


Tras descoser-recoser, anchear, remedir, prolongar, poñer puños e cinturas, etc.... penso que quedou bastante pasable.
Estou segura que este é o inicio do camiño cara a autosuficiencia na roupa. jejejeje
O seguinte paso: Coserlle uns sarouels á pequerrecha.

Tras descoser-recoser, anchear, remedir, prolongar, poner puños y cinturas, etc... pienso que quedó bastante pasable.
Estoy segura que este es el inicio de mi camino hacia la autosuficiencia en la ropa, jejejejeje.
El siguiente paso: Coserle unos sarouels a la pequerrecha.