Páginas

segunda-feira, 14 de janeiro de 2013

Invernos ben quentiños ❤❤❤

Pois nada, despóis de case un mes, as festas xa pasaron! Eu non son moi destas festiñas, debo confesar. Demasiados compromisos, moito movemento e sobre todo muuuuito azucre. Agora toca recuperar á normalidade alimentaria.
Namentras, as labores non estiveron paradas, e claro, con tantas datas agasallantes algún encargo chegou á miña axenda, e mans á obra:
Aquí tedes algunhas imaxes de cousiñas feitas nestes últimos días.
Eso si, perdoade as fotos, as imaxes movidas e a pouca nitidez. Están feitas con móbil en condicións non moi acertadas. Pero espero que vos fagades unha pequena idea.


Gorritos para Xulia e Marcos. O de Dinosauro marcha para los Madriles, a protexer a súa linda cabeciña dos fríos da meseta.
Ámbolos dous elaborados con La de Merino e distintas tonalidades.


Un conxuntiño de Patucos e Gorriño con orellas. Un clásico da casa!! jejejejee. Neste caso tamén queda por Compostela.
 


Unha colección de Mouchas e Coruxas para un grupo de peques xeniais! Cada unha coas súas cores favoritas.








Aquí chegan dos máis elaborados que realicei nos últimos tempos. Unha raposiña e unha leona con grandes e alborotadas melenas. Un encargo dun amigo para as súas sobriñas. Tan fermosos e divertidos sairon en avión cara Italia. Despóis de ver as caras das dúas novas propietarias, estou moi orgullosa dos resultados.
Eso si, houbo que prometerlle a Pequerrecha que ela tamén tería un de leonciña.... 
As imaxes están algo borrosas porque a modelo estaba tan emocionada que non paraba de se menear.






E por último Pequerrecha ataviada con complementos(gorro, bufanda, calentadoras e lubas) "made in avóa materna". Xa vedes que de tal palo...unha astilla en proceso de ser máis Pro ;P







segunda-feira, 24 de dezembro de 2012

Libros un gran tesoro

Estamos pasando as festas de inverno na casa da avoa e o avó, e buscando entre os xoguetes antigos atopamis un texto de animais da granxa e mira que interesante...
E a pequerrecha estreando un vestido de lá de Merino, feito con muito arte e mais amor pola avoa





segunda-feira, 26 de novembro de 2012

Unha pequena Ewok

Á pequerrecha gustanlle os gorros, pero sempre acaban polo chan. Ademais, non sempre tapan o colo, e no inverno e vivindo nunha cidade como Compostela -húmidade + choiva perenne- faise necesario un complemento que tape esa entrada ás costas. Así que pensando e buscando atopei os deseños de The Velvet Acorn, e este é o resultado. Ela os remata cunhas orelliñas laterais, pero nesta ocasión decidín prescindir delas. Pero... xa fixen outra capucha para un agasallo de 12 meses coas súas orelliñas ;)




Pequenos encargos feitos con moito amor ❤

Chegou o tempo invernal, ainda que á estación ainda lle falten uns días. O millor complemento para non perder temperatura corporal: un bo gorro, feito con amor e lá de Merino. Cálidos e quentiños.



 En Malva e con flor lila (ainda que a calidade da imaxen non o reflexe é Lilia). Para unha bebita de 4 meses.

En azuis multicolor.

Un clásico, unhas "ol estars" a ganchillo. Pensei que millor unha cinta de topos sustituindo a os típicos cordóns. Están feitos de algodón orgánico da casa Katia.


E por último..... tachán!!!
Para Antón, un gorro de Batman. Creo que vou comezar unha liña de gorros Marvel, jejejejee.....



domingo, 18 de novembro de 2012

Comezan os obradoiros de Ganchillo Creativo

Facía tempo que andaba a darlle voltas a esta idea. Algunhas amigas comentáronme que podería dar uns obradoiros de iniciación ao ganchillo. A cuestión principal era....atopar un tempo na miña axenda semanal, e un lugar apropiado. Pois xa está!!!
A miña querida Nana acaba de inaugurar o seu propio espacio de traballo e formación "O mundo de Nana", e ofreceume participar na súa programación semanal. Así que, alá imos! con ánimo e muita emoción.
Serán obradoiros de dúas horas e media, co material incluído, e creo que a un módico precio para que muitas personas podan apuntarse, 25€. Comezamos este mes de Novembro con tres datas: 19, 26 e 29.
A ver que sucede.



domingo, 4 de novembro de 2012

Descubrindo partes da Natureza local

Un Domingo pola mañá, o Sol de Inverno brilando e unha brisa fresca contra as nosas caras. Espertar temprano, poñer as botas e sair a coñecer o noso entorno: árbores, cogomelos, follas, froitos..... 



Había unha boa cantidade de estas :P








"Papi, papi.... alí, alí"



Pisamos as follas secas....


Atopamos castañas no chan....


E descubrimos que teñen pinchos por fóra e por dentro....tachán!!!! 


E así pasamos a maña do primeiro domingo de Novembro. Pola tarde comezou a chover.


....

Fixen mooooitos.......