Páginas

segunda-feira, 17 de setembro de 2012

Día Do Barrio 2012


 Este ano, por vez primeira, no Barrio celebrouse o "Día do Barrio". Unha xornada adicada a coñecer e participar activamente no acondicionamento das rúas polas que transitamos, vivimos e disfrutamos cada día. 


Observar e definir as milloras precisas, promover un barrio mais sostible e vivible, coa participación directa da veciñanza.

Actividades de re-sinalización das rúas,  convivencia, movilidade, espazos verdes, sociabilidade.....










(Unha pena que o tempo non acompañase, e augase a festa de xogos infantís)



 pero sobre todo... un Barrio Bonito!

A primeira mostra de UrbanKnitting do barrio





 O Buzón de San Pedro, dando a benvida a todas as visitantes. Creado polo grupo de tecedoras da tenda de Merche. A tenda de lás e labores do barrio.



Veciñas e Veciños adornando os tan terribles bolardos das rúas


Pero que bonita a Rúa 



Unha das nosas cabezudas, feita pola compi Diana. E neste momento estaba aprendendo a ganchillar!!!




Leo de Como Pez en el Agua, enchendo de peixiños a beirarúa.


Pulpitos molones


Bolardito: Unha das miñas aportacións. O que me custou que a pequecha quixera poñelo no seu novo fogar


E aquí a pequecha disfrutando da experiencia de ver un barrio cheo de colorido. Falando e bailando con Mafalda, saída das habilidosas mans da nosa querida veciña Susana




Nenhum comentário:

Postar um comentário

Anímate a Comentar