terça-feira, 28 de maio de 2013
domingo, 26 de maio de 2013
Preparando o día do barrio ❤❤❤❤
So paso para comentar que o día 8 de Xuño, celébrase o segundo día do meu Barrio, "O Barrio de San Pedro". (aquí unhas imaxes da celebración do pasado ano)
Unha xornada adicada a embelecer o noso entorno, facer participar a toda a veciñanza,... En definitiva facer barrio.
E nesas estou estas semanas, preparar, preparar e preparar cousiñas para celebrar. Unha aperta forte para a Asociación de Veciñas e Veciños "A Xuntanza" encarregada de organizar todo un sin fin de actividades e xornadas para millorar o noso entorno de convivencia.
Unha xornada adicada a embelecer o noso entorno, facer participar a toda a veciñanza,... En definitiva facer barrio.
![]() |
| imaxe orixinal do Blogue de "Como Pez en el Agua" |
E nesas estou estas semanas, preparar, preparar e preparar cousiñas para celebrar. Unha aperta forte para a Asociación de Veciñas e Veciños "A Xuntanza" encarregada de organizar todo un sin fin de actividades e xornadas para millorar o noso entorno de convivencia.
![]() |
| Ganchillo |
![]() |
| Ganchillo Tunecino |
![]() |
| A dúas agullas-Calceta |
sábado, 18 de maio de 2013
Obradoiros de ganchillo Fácil e Sinxelo
A miña querida Nana, volveume ceder o seu espacio-obradoiro "O mundo de Nana" para realizar uns obradoiros de ganchillo este mes de Maio e Xuño.
Plantexados para persoas con nivel baixo, ou cero patatero. Unha forma amena de comezar a darlle á agulla e deixar correr a creatividade.
Plantexados para persoas con nivel baixo, ou cero patatero. Unha forma amena de comezar a darlle á agulla e deixar correr a creatividade.
Cocinillas
Hoxe posteo rápido.
Esta semá, parece que retornamos ao inverno máis profundo, así que, tocaron actividades de interior. Dúas mostras da nosa producción.
Biscoito de iogurte e bolechas de manteiga.
Os cortes de bolachas elexidos por Pequerrecha.
A nosa cociña arrecendía a azucre.
Esta semá, parece que retornamos ao inverno máis profundo, así que, tocaron actividades de interior. Dúas mostras da nosa producción.
Biscoito de iogurte e bolechas de manteiga.
Os cortes de bolachas elexidos por Pequerrecha.
A nosa cociña arrecendía a azucre.
quarta-feira, 8 de maio de 2013
Feira da Primaveira 2013
Aquí están as fotos do posto tan rechulo que montamos O Sol de Inverno e Gatatola, un ano máis, na Feira da Primaveira do Barrio de San Pedro (Santiago de Compostela).
Estou namorada do logo da miña querida compi de O Sol de Inverno.... a que é super amorosa??, claro, como cada unha das pezas que elabora artesanalmente.
Este ano, a Feira puido acoller a un maior número de artesanas e visitantxs. A ampliación do espazo da Feira a toda a Rúa dos Concheiros foi un acerto, e esperamos que se poida repetir, xa que sería unha pena que o concello non concedera os permisos para as próximas feiras do Barrio, ejem...
A seguinte convocatoria, para o mes de Xuño, durante as FESTAS!!!! si estades interesadxs, non esquezades visitar a páxina da Comisión de Festas para irvos enteirando dos prazos, que logo sempre hai rezagadxs ;P
Segundo o noso punto de vista a Feira foi unha marabilla, un mar de xente paseando e disfrutando dos postos, da artesanía, do bo roio e felicitándonos polas nosas pezas feitas con amor. Das millores cousas acontecidas, a visita de Vero de Feito de Lúa. Non hai proba gráfica porque a emoción do momento e a cantidade de xente na feira, conseguiron que esquecéramos facernos unha foto as tres xuntas, unha lástima!, pero outra vez será. Ademáis vivimos moi pertiño.
Os meus Minimais e os gorriños 100% algodón, perfeitos para a calurosa xornada do Sábado, foron o producto estrela. En cores alégres e decorados con pequenos animaliños e formas. Ideais para que as crianzas disfruten ao aire libre.
Suaviños, amorosos, brandiños, ... feitos con todo o amor posible ❤
E como sabemos a climatoloxía deste noso país, algúns colos quentiños para non arrefriar a gorxa. Feitos en la de merino, por unha cara, e en polar divertido pola outra(dinosauros, foguetes, coches, cervos, baleas....)
Patucos, guirnaldas, Minimais, colos, gorros, bolsiñas para a froita....
Dende o outro lado todo se ve moi, pero que moi ben!

Gracias á Comisión de Festas do Barrio de San Pedro e a Asociación de Veciñas e Veciños "A Xuntanza", porque cada ano, cada feira, cada festa superan as nosas expectativas. Un pracer ser parte de este Barrio.
Unha pequena mostra en imaxes en movemento:
Unha pequena mostra en imaxes en movemento:
terça-feira, 23 de abril de 2013
Cosemos unha saia reversibel con MRDM ❤❤
Chegamos un pouco tarde a este Coseconmigo que, unha vez máis, organiza Mi rincón de Mariposas. Pero queríamos chegar. Tiñamos as teas, as ganas e as ilusións por ter unha saia tan redondiña, perfecta para xirar e xirar e xirar......
Llegamos un poco tarde a este Coseconmigo, que una vez más, organiza Mi rincón de Mariposas. PEro queríamos llegar. Teníamos las telas, las ganas y las ilusiones por tener una faldita tan redondita, perfecta para girar y girar y girar....
O bon, moi rápidiña de facer. Sorprendentemente unha mañá e unha siesta, foi o tempo precisado para dar forma a este proxecto. Jejejjejeje... estoume superando pouco a pouco.
Lo bueno, muy rapida de hacer. Sorprendentemente una mañana y una siesta, fue el tiempo necesario para darle forma a este proyecto. Jejejejejjeeje... me estoy superando poco a poco.
Entre as miñas dificultades: cortar con cutter circular-nada a min este aparello se me resiste!-. E nesta ocasión "O compás"!!!! mimadriña, facía aaaaaaaaanos que non usaba un, e case non lembraba para que servían.
Entre mis dificultades: cortar con cutter circular- nada, a mi este aparetajo se me resiste!-. Y en esta ocación "El compás"!!!! hacía tantos años que no usaba uno que no recordaba para que servían.
O primeiro paso foi elaborar o patrón. Uns papeliños, un pouco de material de oficina básico(celo, lápis, tesouras...) e a seguir pasiño a pasiño as indicacións de MRDM, coma en todas as súas propostas unhas pautas moi ben explicadas (Gracias!!!)
El primer paso fue elaborar el patrón. Unos papelitos, un poco de material de oficina básico (celo, lápiz, tijeras...) y seguir pasito a pasito las indicaciones de MRDM, como en todas sus propuestas, unas pautas muy bien explicadas (Gracias!!!!)
E mirade que patrón mais bonito quedou. Tiña os rotus de Pequerrecha a man e non puiden resistir a tentación. O gracioso é que eu son de letras, e facer estes deseños sempre me pareceron complicadísimos, pero moi estéticos. As súas liñas de cores, puntiños.... ai que bonitas!
Y mirad que patrón más bonito quedó. Tenía los rotus de Pequerrecha a mano y no pude resistir la tentación. Lo gracioso es que yo soy de letras, y lo de hacer estos diseños siempre me pareció complicadísimo, pero tan estéticos. Sus líneas de colores, puntitos... ay que bonitas!
Después de cortar, construir la falda, poner la cintura y demás, tocaba coser el bajo. Como aún soy bastante novatona en estas artes costuriles, preferí marcar con alfileres el borde que iba remetiendo de las dos telas. Así garantizar que no salían cosas raras.
O resultado coa probadora oficial. Nada mais ver a saia a puxo por riba da roupa que levaba e xa non a quitou en todo o día. Unha que ten estilo e glamour!
El resultado con la probadora oficial. Nada más ver la falda la puso por encima de la ropa que llevaba y ya no la quitó en todo el día. Una que tiene estilo y glamour!!

...e poidemos comprobar que está a proba de bambán
...y pudimos comprobar que está a prueba de columpio.

quinta-feira, 4 de abril de 2013
Dous aniños de vida, parabéns para Celtia ❤❤
Vou un pouco retrasada na publicación de este post. Estou preparando a Feira da Primaveira do Barrio, e claro, tanto ganchillar, tanto coser, tanto rematar, pensar en que facer, cores, etc., deixanme pouco tempo libre. Mais conseguimos unha celebración colorida para a Pequerrecha.
A tarta.... ummmm, a tarta. Coma están de moda as elaboracións con foundant de cores, personalizadas e preciosas ademas de riquísimas!, coma a avóa non podía cociñar, decidiu agasallarnos cunha torta especial.
A torta é de La Casita del Árbol. Unha empresa pequena adicada a preparar celebracións. Ademáis é unha empresa de mulleres emprendedoras e de meu pobo.
O pasado 14 de Marzo, Pequerrecha cumpliu 2 anos!!!! aisssss, parece que foi onte cando descolguei o teléfono para comunicarlle a amigas e familia que estaba embarazada.
Celtia naceu as 8.30 da mañá do luns 14 de Marzo de 2011 en Madrid. Con 36 semanas e media de xestación, facendo unha mudanza de Valencia a Compostela, despóis de 7 días ingresada coa bolsa rota (pero rota, rota, non unha fisurita) e reposo total no centro hospitalario que nos acolleu (eramos desplazadas en Madrid e non vos quero contar a odisea que foi ser atendida nun centro público).
A pesar de todo, naceu estupenda, respirando por si mesma, con bo peso e grandota e con moita fame. Agarrou a tetola da súa nai (eu claro!) en nadiña, sen moita complicación.... si e que son moi sabias estas criaturas.
E 2 anos despóis.... aquí estamos. Encantadas de termos coñecido. Compartindo a vida, a sabiduria, aprendendo unha da outra, disfrutando, rindo, xogando, creando....
Este ano decidimos facerlle unha minifesta casera. A miña familia vive en Baiona, así que ve pouco a avóa e ao avó maternas. E coma miña nai é moi creativa, e gosta moito de facer decoracións, preparar tortas, etc., nos puxemos mans a labor.
Mais ela, nesta ocasión puxo pouco da súa parte, unha operación nunha man a ten un pouco inoperativa. Pero o entusiasmo é o mesmo, e ainda que a torta non é caseira, decoramos a sala para a ocasión.
En toda festa que se precie, non poden faltar os globos e as guirnaldas nas cores favoritas da agasallada. O lila, o verde e o amarelo... ainda que tamén hai algún rosa e vermello. Multicolor máis bonito!!
O nome da pequerrecha presidindo á sala, nunha guirnalda madeinmama :) Sinxela pero efectiva, e sobre todo colorida.
A tarta.... ummmm, a tarta. Coma están de moda as elaboracións con foundant de cores, personalizadas e preciosas ademas de riquísimas!, coma a avóa non podía cociñar, decidiu agasallarnos cunha torta especial.
A torta é de La Casita del Árbol. Unha empresa pequena adicada a preparar celebracións. Ademáis é unha empresa de mulleres emprendedoras e de meu pobo.
O millor da festa, ver o ben que o pasou Pequerrecha.
Seu momentazo total: Cantar o Parabéns!!!
Assinar:
Postagens (Atom)



























