Páginas

Mostrando postagens com marcador ganchillo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador ganchillo. Mostrar todas as postagens

sexta-feira, 19 de julho de 2013

Porta Agullas de Crochet ❤

Fai tempo, fixera para min un porta agullas e novelos transportable. Miña nai cando o veu pediume un para ela. Sobre todo, porque dende que actualizou a súa despensa ganchilleira (coas "soft", as anatómicas e algunha de bambú), o seu porta agullas de "toda a vida" resultalle moi cativo.


Hace unos meses había cosido para mi un porta agujas y ovillos transportable. Mi madre cuando lo vio me pidió uno para ella. Sobre todo, porque desde que actualizó su despensa ganchillera (con las "soft", las anatómicas y alguna de bambú), su porta agujas de "toda la vida" le resulta muy pequeño.

Así que puxen mans á máquina (outra vez!!!!), estarei abandoando as miñas labores laneiras?. Nooooon, só que vai moita calor este mes, e a máquina de coser é mais fresquiña.

Así que me puse manos a la máquina(otra vez!!!!), estaré abandonando mis labores laneras??. Noooooo, solo que este mes hace demasiado calor, y la máquina de coser es más fresquita.

Revolvín a miña caixa de teas, buscando a combinación perfeita para ela. Pero non acababa de gostar de ningunha. O universo máxico, decidiu aportar o seu grao de creatividade, e esta fin de semana pasada, coma andábamos pola casa familiar miña nai amosoume unhas teas superlindas (90%algodón-10%liño) que unha amiga lle agasallara.

Me puese a revolver en mi caja de telas, buscando la combinación perfecta para ella. Pero, no acababa de gustarme ninguna. El universo mágico, decició aportar su granito de creatividade, y este fin de semana pasada, como estábamos por la casa familiar mi madre me enseñó unas telas superlindas (90% algodón-10% lino) que una amiga le regalara.

Perfeeeeeecta!!!!
Unhas costuriñas por aquí, uns cortes por alá(progresando adecuadamente co cutter circular), un laziño, outras costuriñas e.... Tachán!!!!


Perfeeeeeeecta!!!!
Unas costuritas por aquí, unos cortes por allá (progresando adecuadamente con el cutter circular), un lazito, otras costuritas y ... Tachán!!!

Encantada co meu traballo.

Encantada con el resultado.

Espero que ela tamén goste del.

Espero que a ella también le guste.
Interior en verde lima e a tea estampada 


Non vos parece unha tea preciosa? a min si ❤

Válida para todo tipo de agullas

Unha forma de fechar tipo libro



Ou en roliño



Pois nestas andiven estes días. Facendo labores con moito amor

domingo, 10 de março de 2013

Fregados nos que me meto de cando en cando... ❤

Pois nada, despóis de animarme co "Tejemos juntas"  e ver que o pracer do resultado (unha chaquetiña preciosa e moi quentiña,  muitos comentarios no post e descubrir a outras artesanas-artistazas na REDe) decidín apuntarme ao "Cose ConMigo" que Dawn de Mi Rincón de Mariposas, propón para este mes.


Pues nada, después de animarme con el "Tejemos juntas" y ver los resultados (una chaquetita preciosa y muy calentita, muchos comentarios en el post y descubrir a otras artesanas-artistazas en la RED) decidí apuntarme al "Cose ConMigo" que Dawn de Mi rincón de Mariposas nos propone para este mes.


Coser un Sarouel para min mesmiña.... jajajajajaja. Coser, coser, coser... coa máquina de coser!!! Unha boa forma de darlle uso a miña máquina, esta que xa vos presentara cando se converteu nunha membra mais da casiña.

Coser un Sarouel para mi mismita...jajajajajaja. Coser, coser, coser... con la máquina de coser!!! Una buena forma de darle uso a mi máquina, esta que ya os presentara cuando se convirtió en una miembra más de la casita.

Ate agora, cubriu necesidades básica: Coser fundas para coxíns, subir baixos de pantalón, remendos varios, recortar curtinas, vamos... un pouquiño de costura básica de mantemento doméstico.
Ainda non me adentrara no marabilloso mundo da costura creativa. Así que este é un bo momento!!! non?

Hasta ahora, cubrió necesidades básicas: Coser fundas para cojines, subir bajos de pantalones, remiendos varios, recortar cortinas, vamos... un poquito de costura básica de mantenimiento doméstico.
Aún no me adentrara en el marabillosos mundo de la costura creativa. Así que este es un buen momento!!! no?

Xa vos irei poñendo fotos do proceso e do resultado (espero que sexa minimamente decente :P )

Ya os iré poniendo fotos del proceso y del resultado (espero que sea mínimamente decente :P)

Esta semana estiven un pouco liada co traballo, e deixara esta nova actividade para a fin de semana, pero non poido ser... Pequerrecha, que non está moi amiudo maliña, precisou moitos mimiños e muita compañía da súa mamae. Un pouco de febre, uns moquiños e muitas ganas de colo, tetiña e apertas constantes.

Esta semana estuve un poco liada con el trabajo. Había dejado esta nueva actividad para el fin de semana, pero no pudo ser... Pequerrecha, que no está muy habitualmente malita, necesitó de muchos mimitos y mucha compañía de su mamita. Un poquito de fiebre, unos moquitos y muchas ganas de "colo", tetita y abrazos constantes.

Así que... retrasado uns días o comezo do sarouel.

Así que ... retrasado unos días el inicio del sarouel.




domingo, 24 de fevereiro de 2013

O meu primeiro "Tejemos Juntas"



Hoxe estou moi emocionada. Por fin decidín participar nun "Tejemos Juntas" organizado por Mi rincón de Mariposas. Son seguidora deste blog e das súas propostas de tecer e coser xuntas un mesmo patrón, pero nunca me decidira a apuntarme.

Estoy emocionada. Por fin decidí participar en un "Tejemos Juntas" organizado por Mi Rincón de Mariposas . Soy seguidora del blog y de sus propuestas de tejer y coser juntas un mismo patrón, pero nunca me decidiera a apuntarme.

A lá
La Lana
Tiña esta lá reservada para unha ocasión especial, pero non tiña claro que facer con ela. Este patrón me pareceu unha boa opción. 

Tenía esta lana reservada para una ocasión especial, pero no tenía claro qué hacer con ella. Este patrón me pareció una buena idea.


Os avances
Los avances
A partires de aquí fixen algúns cambios, sobre o patrón orixinal proposto por Dawn para este "tejemos juntas", a cantidade de lá que tiña non era suficiente para facer a parte baixa en forma de abano. Así que continuei en punto alto ate o largo necesario.

A partir de aquí tuve que hacer algunos cambios, sobre el patrón original propuesto por Dawn para este "tejemos juntas", no tenía lana suficiente para hacer la parte baja en forma de abanico. Así que, continué en punto alto todo el largo necesario.



Ampliei a parte dianteira dereita un pouco máis que a esquerda para darlle un aire "asiático" :P 
Amplié la parte delatantera derecha un poco más que la izquierda para darle un aire "asiático" :P



Un remate en branco, dun resto de lá de Alpaca que tiña doutra labor (o pucho que leva Pequerra na foto), e engadín un peto redondo lateral para facer as delicias da súa dona.....

Un remate en blanco, de un resto de lana de Alpaca que tenía de otra labor (el gorro que lleva Pequerrecha en la foto), y añadí un bolsillo redondo lateral para hacer las delicias de su dueña....

E Tachán!!!!
  


Preparada para disfrutar ao aire libre, ainda que faga moooooito frío.
Preparada para disfrutar al aire libre, aunque haga muuuuucho frío.



Preparada para o próximo "Tejemos Juntas"













segunda-feira, 14 de janeiro de 2013

Invernos ben quentiños ❤❤❤

Pois nada, despóis de case un mes, as festas xa pasaron! Eu non son moi destas festiñas, debo confesar. Demasiados compromisos, moito movemento e sobre todo muuuuito azucre. Agora toca recuperar á normalidade alimentaria.
Namentras, as labores non estiveron paradas, e claro, con tantas datas agasallantes algún encargo chegou á miña axenda, e mans á obra:
Aquí tedes algunhas imaxes de cousiñas feitas nestes últimos días.
Eso si, perdoade as fotos, as imaxes movidas e a pouca nitidez. Están feitas con móbil en condicións non moi acertadas. Pero espero que vos fagades unha pequena idea.


Gorritos para Xulia e Marcos. O de Dinosauro marcha para los Madriles, a protexer a súa linda cabeciña dos fríos da meseta.
Ámbolos dous elaborados con La de Merino e distintas tonalidades.


Un conxuntiño de Patucos e Gorriño con orellas. Un clásico da casa!! jejejejee. Neste caso tamén queda por Compostela.
 


Unha colección de Mouchas e Coruxas para un grupo de peques xeniais! Cada unha coas súas cores favoritas.








Aquí chegan dos máis elaborados que realicei nos últimos tempos. Unha raposiña e unha leona con grandes e alborotadas melenas. Un encargo dun amigo para as súas sobriñas. Tan fermosos e divertidos sairon en avión cara Italia. Despóis de ver as caras das dúas novas propietarias, estou moi orgullosa dos resultados.
Eso si, houbo que prometerlle a Pequerrecha que ela tamén tería un de leonciña.... 
As imaxes están algo borrosas porque a modelo estaba tan emocionada que non paraba de se menear.






E por último Pequerrecha ataviada con complementos(gorro, bufanda, calentadoras e lubas) "made in avóa materna". Xa vedes que de tal palo...unha astilla en proceso de ser máis Pro ;P







segunda-feira, 26 de novembro de 2012

Unha pequena Ewok

Á pequerrecha gustanlle os gorros, pero sempre acaban polo chan. Ademais, non sempre tapan o colo, e no inverno e vivindo nunha cidade como Compostela -húmidade + choiva perenne- faise necesario un complemento que tape esa entrada ás costas. Así que pensando e buscando atopei os deseños de The Velvet Acorn, e este é o resultado. Ela os remata cunhas orelliñas laterais, pero nesta ocasión decidín prescindir delas. Pero... xa fixen outra capucha para un agasallo de 12 meses coas súas orelliñas ;)




Pequenos encargos feitos con moito amor ❤

Chegou o tempo invernal, ainda que á estación ainda lle falten uns días. O millor complemento para non perder temperatura corporal: un bo gorro, feito con amor e lá de Merino. Cálidos e quentiños.



 En Malva e con flor lila (ainda que a calidade da imaxen non o reflexe é Lilia). Para unha bebita de 4 meses.

En azuis multicolor.

Un clásico, unhas "ol estars" a ganchillo. Pensei que millor unha cinta de topos sustituindo a os típicos cordóns. Están feitos de algodón orgánico da casa Katia.


E por último..... tachán!!!
Para Antón, un gorro de Batman. Creo que vou comezar unha liña de gorros Marvel, jejejejee.....



terça-feira, 23 de outubro de 2012

Unha de peixiños

Unha mamá peixiña e unha bebé peixiña. Dous elementos doutra cestiña made in Como Pez en el Agua e Gatatola.
En canto as teña, subo as fotos da cesta completa.



sexta-feira, 12 de outubro de 2012

Reciclando un vestido

Este vestido foi unha das primeiras compras que fixemos cando Pequerrecha naceu. Ela tiña moitas ganas de sair a este mundo, así que, decidiu facelo dous meses e medio antes do previsto. Pillounos de viaxe e claro, sen nada a man.... jejejejeje.
Tiñalle moito cariño, pero como crece moooooi rápido, xa non o podíamos poñer, e decidimos customizalo e recuperalo.

Seguindo o patrón de Mi rincón de mariposas para realizar un vestido de verán moi chulo, e facendo unha adaptación conseguimos esto....

O peto está elaborado a base de cadradiños "Granny" cosidos entre si, e dúas tiras. Utilicei un algodón orgánico de Katia, que xa non está en catálogo, pero do que teño un bo fondo de caixa ;)


E a miña Pequerrecha tan fermosa como sempre co "novo" vestidiño.



sexta-feira, 28 de setembro de 2012

Ratiño para unha sobriña moi especial ★

A miña amiga Ánxela, acaba de ser tía por primeira vez. Está tan feliz que non para de pensar na súa sobriña. Quería algo especialmente feito para ela, e me pediu un bonequiño pequeno e con moito amor.

Unha ratiña moi amorosa, en algodón 100% para evitar peliños incomodantes e cun axouxere dentro para saber sempre onde está.





Ten os olliños pretos (de seguridade), e unha pequena flor branca no rabiño.



Desexamos que sea de seu agrado :)




sexta-feira, 21 de setembro de 2012

Unha tartaruga moi especial

Esta é a miña primeira familia de tartarugas. Levaronme menos tempo do previsto e o resultado final encantoume.
A nai tartaruga ten un 15cm de largo e a filla máis ou menos 5cm ( jejee esquecinme de tomarlles as medidas)



Quedaron tan relindas que Pequerrecha estaba desexosa de as adoptar.


E así chegou o paquetiño ao seu destino: Unha cestiña made in Como Pez en el Agua + GataTola





terça-feira, 18 de setembro de 2012

Romaría Pop

Unhas imaxes do noso posto da Romaría Pop. Celebrouse nun entorno privilexiado: No Parque de Belvís. 


O día acompañou, un sol radiante e calorciño.... unha marabilla na primaveira compostelana!!!




Nesta ocasión, acompañei a Leo, toda unha experta feiranta e todavía máis experta artesana. A súa tenda, Como Pez en el Agua é un espacio de cores e alegría. Nela podedes atopar algunhas das miñas pezas feitas con amor  


Pero como sempre, as pequechas son as que máis disfrutan das experiencias feirantes. Na foto as dúas fermosas modelos de gorriños que bailotearon, xogaron e feirearon todo o que os seus corpos lles permitiron 



segunda-feira, 17 de setembro de 2012

Día Do Barrio 2012


 Este ano, por vez primeira, no Barrio celebrouse o "Día do Barrio". Unha xornada adicada a coñecer e participar activamente no acondicionamento das rúas polas que transitamos, vivimos e disfrutamos cada día. 


Observar e definir as milloras precisas, promover un barrio mais sostible e vivible, coa participación directa da veciñanza.

Actividades de re-sinalización das rúas,  convivencia, movilidade, espazos verdes, sociabilidade.....










(Unha pena que o tempo non acompañase, e augase a festa de xogos infantís)



 pero sobre todo... un Barrio Bonito!

A primeira mostra de UrbanKnitting do barrio





 O Buzón de San Pedro, dando a benvida a todas as visitantes. Creado polo grupo de tecedoras da tenda de Merche. A tenda de lás e labores do barrio.



Veciñas e Veciños adornando os tan terribles bolardos das rúas


Pero que bonita a Rúa 



Unha das nosas cabezudas, feita pola compi Diana. E neste momento estaba aprendendo a ganchillar!!!




Leo de Como Pez en el Agua, enchendo de peixiños a beirarúa.


Pulpitos molones


Bolardito: Unha das miñas aportacións. O que me custou que a pequecha quixera poñelo no seu novo fogar


E aquí a pequecha disfrutando da experiencia de ver un barrio cheo de colorido. Falando e bailando con Mafalda, saída das habilidosas mans da nosa querida veciña Susana