Páginas

Mostrando postagens com marcador Feiras. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Feiras. Mostrar todas as postagens

terça-feira, 18 de setembro de 2012

Romaría Pop

Unhas imaxes do noso posto da Romaría Pop. Celebrouse nun entorno privilexiado: No Parque de Belvís. 


O día acompañou, un sol radiante e calorciño.... unha marabilla na primaveira compostelana!!!




Nesta ocasión, acompañei a Leo, toda unha experta feiranta e todavía máis experta artesana. A súa tenda, Como Pez en el Agua é un espacio de cores e alegría. Nela podedes atopar algunhas das miñas pezas feitas con amor  


Pero como sempre, as pequechas son as que máis disfrutan das experiencias feirantes. Na foto as dúas fermosas modelos de gorriños que bailotearon, xogaron e feirearon todo o que os seus corpos lles permitiron 



segunda-feira, 17 de setembro de 2012

Feira da Primaveira 2012. Barrio de San Pedro

O Barrio dos meus amores.... O Barrio de SanPedro, en Santiago de Compostela. Un lugar especial habitado por xentes moi especiais. 
Vida de Barrio en estado puro gracias ao traballo constante das persoas que forman a Asociación veciñal "A Xuntanza", e da Comisión de Festas.

Entre as súas actividades anuais, podemos disfrutar da "Feira da Primaveira". Unha xornada para coñecer as diferentes propostas de artesanía local(e non tan local). 

O millor Barrio do Mundo Mundial!


Este 2012 comezamos a poñer postiño para ver que tal saían as diferentes pezas.





Un postiño de proba, xunto coas pezas tan requetechulas de O Sol de Inverno. (Xa podedes facerlle encargos a través do seu blogue e do seu perfil nas redes sociais :) )


A pesar da chuvia, foi unha xornada productiva en compañerismo, alegría e boa recepción das nosas creacións, así que repetimos!
Pero xa vos porei mais imaxes que agora teño que sair correndo a recoller á pequecha.