Este vestido foi unha das primeiras compras que fixemos cando Pequerrecha naceu. Ela tiña moitas ganas de sair a este mundo, así que, decidiu facelo dous meses e medio antes do previsto. Pillounos de viaxe e claro, sen nada a man.... jejejejeje.
Tiñalle moito cariño, pero como crece moooooi rápido, xa non o podíamos poñer, e decidimos customizalo e recuperalo.
Seguindo o patrón de Mi rincón de mariposas para realizar un vestido de verán moi chulo, e facendo unha adaptación conseguimos esto....
O peto está elaborado a base de cadradiños "Granny" cosidos entre si, e dúas tiras. Utilicei un algodón orgánico de Katia, que xa non está en catálogo, pero do que teño un bo fondo de caixa ;)
E a miña Pequerrecha tan fermosa como sempre co "novo" vestidiño.


