Páginas

terça-feira, 18 de fevereiro de 2014

Cortamos, Cosemos e Estrenamos....

... Mochila NOVA para Pequerrecha!!!
...Mochila NUEVA para Pequerrecha!!!



Grazas a Yolanda de Pandielleando, por ofrecernos este tutorial tan sinxelo e sobre todo BEN, MOI BEN explicado.
Gracias a Yolanda de Pandielleando, por ofrecernos este tutorial tan sencillo y sobre todo BIEN, MUI BIEN explicado.





Estamos encantadas coa nova mochila. De momento non temos a foto probándoa porque o tempo non esta a acompañar para lucir unha peza tan chula. Cando teñamos a fotiño publicamos a ver si pasa a proba de ouro.

Estamos encantadas con la nueva mochila. De momento no tenemos la foto de prueba porque el tiempo no está acompañando para lucir una pieza tan chula. En cuanto tengamos fotito, reeditamos a ver si pasa la prueba de oro.

O millor:
Lo mejor:


  • Poder utilizar a tea de super heroínas reservada para un proxecto especial. 
  • Poder utilizar la tela de super heroínas reservada para un poyecto especial



  • A facilidade do patrón.
  • La facilidad del patrón.



  • O pouco tempo de realización. Un proxecto dos que eu chamo de "duración sesta", no tempo que dura unha sesta estandar (mais ou menos hora e media dúas horas) tes o proxecto rematado.
  • El poco tiempo de realización. Se trata de un proyecto de los que llamo de "duración siesta", en el tiempo en que dura una siesta estandar (mas o menos hora y media-dos horas) tienes el proyecto terminado.

  • O tutorial en tres partes moi ben explicado, con imaxes clarificadoras e en tempos realistas.
  • El tutorial en tres partes muy bien explicado, con imágenes clarificadore y en tiempos realistas.



  • A posibilidade de combinar un montón de teas de cores cun resultado vivo e dinámico.
  • La posibilidad de combinar muchas telas de colores con un resultado vivo y dinámico.



  • Poder probar a colocación de cremalleiras.
  • Poder probar el colocar cremalleras.




Pensando xa no seguinte Cose Comigo



sábado, 15 de fevereiro de 2014

Todo preparado para o CC de Pandielleando


Xa está (case) todo listo para o CC de Pandielleando : Esta Mochila con cremalleira
Ya está (Casi) todo lispo para el CC de Pandielleando: Esta Mochila con cremallera

Como resisitirme a esta chulada, e mais contando que tiñamos a tea de superheroínas na caixa das teas a espera dun proxecto ideal.
Como resistirme a esta chulada, y más contando que en casa teníamos la tela de superheroínas en la caja de telas esperando el proyecto ideal para ella.

Digo que temos case todo porque no momentiño que tiven para elexir, combinar e cortar as pezas, decateime que faltaba a cremalleira.
Digo que tenemos casi todo, porque en el momento que tuve para elegir, combinar y cortar las piezas me dí cuenta que faltaba la cremallera.

Na miña previsión estaba aproveitar a sesta de Pequerrecha mañá domingo, pero creo que vai quedar para o luns.
Mi previsión era aprovechar la siesta de Pequerrecha mañana domingo, pero creo que se va a quedar para el lunes.

Así que ou reeditamos o martes ou facemos unha entrada nova. Pero en breves.... o resultado.
Así que o reeditamos el martes o hacemos una entrada nueva. Pero en breves.... el resultado.

Coma resistirme aos chaveiros brandiños
De seguro cae algún mais




Saudos :)


sábado, 8 de fevereiro de 2014

Habemus cociña

Por fin sacamos un pouco de tempo para montar a nosa cocińa de xogos.
Pequerrecha hai tempo que entrou na fase do xogo simbólico, e como está acostumada a colaborar e participar na cociña este é un dos seu xogos habituais.
No mercado hai muitas cociñas de xoguete bonitas e conoletas, pero queríamos algo especial. 
Hai uns días na casa dunha amiga vimos unha de cartón, unha idea interesante que xa vira na rede pero que tiña algo esquecida. Así que aproveitando unha caixa de carton de calidade e do tamaño ideal que había no almacénda tenda puxénonos mans á labor.
Este é o resultado



A avóa xa está cosendo uns trapiños multicores para darlle o toque de cor. So nos faltan as potas e as tixolas.

De momento Pequerrecha, está utilizando os utensilios de madeira coma baquetas de bateria coa forniños, jejejee ten unha gran vena musical. 


Outra labor que vos quería amosar, O chal degradado que por fin rematei



Espero que se aprecie o resultado, as fotos están feitas co móbil.
É moi quentiño. Leva 200gr (e un pouquiño) de la Big Delight da casa Drops. Están calcetadas con agullas do número5.
Trátase dun patrón mui sinxeliño, ideal para principiantas porque traballas punto dereito/ revés, aumentos/ diminucións.
Como práctica é xenial xa que son 400 voltas!!!

Espero que vos gusten.

Apertas

segunda-feira, 3 de fevereiro de 2014

Recuperando....

Buufff... xa choveu moito dende o meu último post. Pero a vida deu uns cantos xiros esperados e provocados, así que aquí me atopo de novo.

Despóis de moito pensar e facer números decidinme a montar unha pequena tenda de crianza en Santiago de Compostela




Un pequeno espazo amoroso con atención personalizada e tentando especializarse en crianza con amor.

Así que aquí estou, entre panos, fulares, mochilas, cueiros de tea, roupiña feita por artesanas locais, os meus deseños, xoguetes e moito mais.

De momento non saco moito tempo para coser e ganchi-calcetar para min e para Pequerrecha, pero agora que xa levamos case catro mesiños nesta travesía emprendedora, espero voltar a ter tempo para nós.

O primeiro apuntarme a un CC de Pandielleando  que si, que si, que sempre fan falla mochilas, bolsas.... e como resistirme a un proxecto (mais ou menos) sinxelo.


Aquí vos deixo algunhas das labores que conseguín sacar adiante nestes meses.


Manta en ganchillo 100% Merino. Quentiña, quentiña, e amorosa como pouco. Estou namorada desta lá.
Trátase dun Granny xigante en diagonal.
Encántame o multiefecto.
Foi o agasallo de Nadal para o meu irmán e a sua nova casiña.








Un encargo para unha crianza requetelinda. A miña amiga Marta, sempre me encarga cousas para deixar correr a imaxinación.
Un casaco tipo Kimono con Manga longa e Capucha.
O tecido e unha mixtura de lá e Alpaca.... unha gozada!









Por último (prometo una foto millor), un chal para min. Dándolle caña á calceta que hai que probar de todo. Coma diría unha boa amiga ganchilladora "vaste pasar ao lado escuro", jejejejee... non sei si será para tanto, pero teño un desexo incansable de probar diferentes técnicas, así que sí, creo que vivo no lado escuro.