Páginas

quarta-feira, 24 de outubro de 2012

Avances costuriles

Hoxe estou encantada!!!! por fin despóis dun par de meses aparcada na montañita de "cousas por facer" púxenme mans á labor e Tachán!!!!! o meu porta labores rematado.

Un deseño tipo Carteiriña de man, saido das clases de costura creativa que Sandra "NanaPortabebés" nos impartiu durante catro meses a principios de este productivo ano 2012.
Eu non tiña moita idea de costurear, pero sempre son lanzada e coa miña antiga máquina de coser fixera algunha cousiña para á casa: coxíns, funda para o nórdico, arranxiños en roupa.... pero moi pouco profesional, se son sinceira. Pero tras pasar polo curso de Sandra, e cos meus agasallos de aniversario.... na miña cabeza bulen, bulen, bulen, e ferven as ideas.

Detalles do meu portalabores: A parte exterior. Loneta con ramas e motivos en laranxa.


Interior: Peto para nobelos e peto con separacións para agullas


Outro peto lateral, neste momento xa ven cheiño de todos os elementos precisos para sair de paseo coas miñas labores


O outro peto con nobeliños de algodón para labores amorosas



E aquí un detalle do feche. Por fin puxen un Snap!!!! 
A miña snap plier funciona correctamente.


E a esta finalización de labor súmase a contentura de ter atopado os meus zapatos ideais nun mercadiño do barrio. E a un precio sensacional. Que mais se pode pedir esta semana?!










terça-feira, 23 de outubro de 2012

Unha de peixiños

Unha mamá peixiña e unha bebé peixiña. Dous elementos doutra cestiña made in Como Pez en el Agua e Gatatola.
En canto as teña, subo as fotos da cesta completa.



sexta-feira, 12 de outubro de 2012

Pincushion crochet ❤

Unha desas labores que son tan divertidas de facer e moi resultonas.

Tomei a inspiración dunha imaxe, facendo unha búsqueda aleatoria pola rede. O certo é que non lembro a web, polo que pido desculpas a persoa inventora do patrón.

Materiais: Un bote de cristal dos que imos acumulando na despensa-para meu gusto millor pequeno-. Un resto de tecido e un pegamento resistente (eu utilizo a pistola de silicona ou un pegamento de dous compoñentes).

Traballamos en círculo hasta ter unha media esfera, do tamaño da tapa do noso bote. Recheamos con bolas de algodón, ou con algodón acrílico. Pegamos a peza á tapa. Deixamos secar e... xa podemos pinchar os nosos alfinetes. 



A que quedan moi curriños!!!!

Reciclando un vestido

Este vestido foi unha das primeiras compras que fixemos cando Pequerrecha naceu. Ela tiña moitas ganas de sair a este mundo, así que, decidiu facelo dous meses e medio antes do previsto. Pillounos de viaxe e claro, sen nada a man.... jejejejeje.
Tiñalle moito cariño, pero como crece moooooi rápido, xa non o podíamos poñer, e decidimos customizalo e recuperalo.

Seguindo o patrón de Mi rincón de mariposas para realizar un vestido de verán moi chulo, e facendo unha adaptación conseguimos esto....

O peto está elaborado a base de cadradiños "Granny" cosidos entre si, e dúas tiras. Utilicei un algodón orgánico de Katia, que xa non está en catálogo, pero do que teño un bo fondo de caixa ;)


E a miña Pequerrecha tan fermosa como sempre co "novo" vestidiño.



Decoración DIY ♡

Estas fotos son de antes do verán. 
Unha das prioridades do cole de pequerrecha é a participación activa das familias na vida cotiá do centro. A min me parece unha base fundamental, para coñecer ao detalle todo o que lle acontece no seu desenvolvemento, e no seu crecemento. Sobre todo esas horas nas que está fora do entorno familiar cercano. 
O certo é que estamos moi contentas coas súas educadoras, son cariñosas, atentas e respetuosas coas necesidades individuais de cada unha das personiñas do grupo. E tamén por permitirnos colaborar activamente nas actividades.

Esta pequena ramiña decorada foi unha petición para decorar a aula. O requisito: estar realizada con materiais naturais. 
A ramiña atopámola no parque, entre as figueiras. O resto é sinxelo de identificar non?, un pouquiño de algodón do botiquín, un pouquiño de fieltro de cores emulando unhas follas suaves, e algunha folliña de verdade- tamén recollidas no parque- pintadas con rotulador de xel.... e este é o resultado. 


Un detalle das follas pintadas con círculos e espirales


As follas blandiñas de fieltro de cores e unhas flores de algodón


terça-feira, 2 de outubro de 2012

Felicidade!


Estou moi emocionada, hoxe celebro o primeiro comentario no blog de GataTola 

¡¡¡ Gracias Supercursi :) !!!

Pasade polo seu blog e disfrutade das súas fermosas creacións e criaturas fantásticas.




Breast-feeding - Lactación ❤


Din que unha imaxe vale mais que 1000 palabras. 

Mother Breast-feeding her Baby, by Louis Fleckenstein, c. 1900. 
Platinum print, 301 x 251 mm. Amsterdam, Rijksmuseum.

Pic: google imaxes